Que é un arquivo? Que custodia? Que funcións ten? Que podes atopar nel? Para lle dar resposta a estas e outras preguntas o Arquivo municipal de Pontevedra conta cunha nova unidade didáctica dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria que foi presentada co gallo do Día dos Arquivos.

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada polo debuxante Kiko da Silva.

A concelleira de Educación, Carme Fouces, acompañada do deputado provincial de Cultura, Xosé Leal e o arquiveiro municipal Enrique Sotelo participaron no acto de presentación ao que asistiron escolares de 5º de Primaria do CEIP Froebel. Neste mesmo acto a Deputación deu a coñecer unha unidade didáctica similar á municipal pero quetraballa arredor do Arquivo provincial.