A Asociación Queremos Galego Marín, dentro da súa sección o "Tiraverbas", presentará o martes 2 de maio ás 20.30 horas no Museo Manuel Torres o novo libro do xornalista Salvador Rodríguez "Historias de galegos extraordinarios". É un conxunto de narracións que rescatan do esquecemento un puñado de homes e mulleres protagonistas de historias insólitas. Salvador Rodríguez forma parte da redacción do Faro de Vigo e foi coordinador do suplemento cultural Faro da Cultura. É autor de varios libros.