25 de octubre de 2016
25.10.2016

"Cuspedriños10" pecha con máis de 20.000 persoas de audiencia en redes sociais

O roteiro "Foxo do Lobo" acadou sona en toda Galicia

25.10.2016 | 02:49

As xornadas turísticas, culturais e históricas "Cuspedriños10", organizadas polo Concello de Cotobade en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, saldáronse cun "resultado exitoso", segundo explicou o alcalde, Jorge Cubela. En total, as cifras oficiais de asistencia ás cinco actividades programadas foi de 275 persoas, sendo a charla "A Historia de Cotobade" de Xosé Fortes a máis concorrida, con 80 espectadores. Asimesmo, a incidencia mediática da presentación das xornadas e das cinco actividades foi moi importante, xa que se acadaron unha vintena de publicacións en sete medios distintos.

Por outra banda, a audiencia e alcance en redes sociais a través do perfil oficial en Facebook da Feira de Cuspedriños e do Concello de Cotobade, que exerceu de apoio informativo, alcanzou as 20.532 persoas por medios de 56 entradas que xeneraron 201 reaccións por parte dos internautas. A páxina oficial da feira emitíu, entre o 24 de setembro e o 15 de outubro, que foi a duración destas xornadas, un total de 35 posts con 14.413 persoas alcanzadas e 118 reaccións dos usuarios. As cifras restantes correspóndense coas entradas da páxina do concello.

Entre outras cuestións a destacar, cabe sinalar que a presentación do II Premio de Relato Breve Nélida Piñón, que contou coa presenza da prestixiosa escritora brasileira con raíces en Borela, foi a actividade que conseguíu unha maior proxección en toda a comunidade ao tratarse dunha actividade promovida pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.

Ademais, o roteiro do Foxo do Lobo, organizado en colaboración coa Fundación Antonio Fraguas, tamén superou as espectativas plantexadas xa que, aparte dos 50 camiñantes que participaron nesa xornada, acadou sona en toda Galicia. Foron moitos os sendeiristas que acudiron a facelo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine