O Museo Municipal Manuel Torres inaugurou onte a mostra "Castelao e Nos" co galo de resaltar a figura de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, a quen se lle dedíca este ano 2016. A mostra, baixo o lema "Castelao e Nos", está composta por corenta láminas representativas da inxente obra realizada como legado á humanidade por este polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor e político, preocupado pola súa terra a que lle dedica a súa obra comprometida, de cheo, co galeguismo.

Nesta oportunidade amosa debuxos complementados con agudos textos que percorren desde a economía, a sociedade, a emigración, a lingua, a Gerra do 36, o antimilitarismo e antiimperialismo, e por último o nacionalismo e autodeterminación.

As achegas da Fundacion Castelao e, neste caso o Concello de Marín a través da Concellería de Cultura son un gran más, neste ocasión e con motivo desta mostra para difundir a figura dun home que o foi todo para Galicia.

Como axuda e reforzo para os visitantes, en especial os estudantes, disponse dunha guía didactica elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega no ano 2000, con motivo do 50 aniversario do seu pasamento onde nos propón chamar a nosa atención sobre o pensamento e a praxe política e social de Castelao. El mesmo, dicía que a súa arte estaba ao servizo do seu pensamento e do seu propio país. Pois aquí teñen unha modesta escolma do seu pensamento, iso sí, nas diferentes manifestacións do xenial artista. A mostra remata o día 13.