20 de enero de 2013
20.01.2013
CARLOS GEGüNDEZ - Xornalista, especialista na obra de Prucencio Canitrot

"Prudencio Canitrot morreu moi novo, eso impediu que fose recoñecido como merece"

O experto participará o vindeiro martes na homenaxe que adicará o Ateneo ó humanista pontevedrés finado fai cen anos

20.01.2013 | 07:40
Carlos Gegúndez López. // Chema Núñez Losada

O vindeiro martes o Sexto edificio do Museo será escenario dun acto co que os veciños de Pontevedra saldarán unha débeda con Prudencio Canitrot, un veciño que desenvolveu unha intensa tarefa cultural a prol de Galicia e ó que a morte por enfermidad sendo aínda moi novo privou, segundo os expertos, da proxección que merecía. O Ateneo de Pontevedra convoca este acto no que participarán a sabela neta do homenaxeado, a pintora Sabela Canitrot, o director do Museo Carlos Valle a Carlos gegúndez López, que impartirá o relatorio "Semblanza dun humanista".

-Quen foi Prudencio Canitrot?

-Foi un pontevedrés que naceu en xaneiro de 1883 na cidade de Pontevedra, concretamente na rúa Princesa, daquela o número 2 e hoxe o 12, a casa aínda se conserva, que comezou como pintor. Non era un artista de gran formación pero si tiña interese pola pintura e empezou a pintar aínda que seu pai prefería outras opcións coma que estudiase Medicina pero el tiña esa vocación de artista e xa cando tiña 16 anos fixo os seus primeiros óleos en Pontevedra, logo tivo un primeiro estudio tamén na cidade do Lérez e co tempo decidiu marchar da súa cidade buscando converterse en artista. Tiña un carácter un pouco bohemio, de feito estivo dous anos percorrendo diversos lugares, sobre todo de Portugal, tamén pasou por Portugal e por Francia ata a chegada a Madrid a finais de 1903.

-Supuxo Madrid un importante cambio na súa trayectoria?

-Moito, o primeiro cambio que supuxo é que entra en contacto coa bohemia da época, sobre todo co grupo de Valle Inclán, e que comeza o seu interese pola literatura e escritura. Él despois de varios anos en Madrid, en 1907, gaña un concurso literario da revista Galicia que edita o Centro Galego de Madrid, tamén ten un recoñecemento noutro certame literario do xornal El Liberal, e despois de estes dous éxitos decide escribir e adicarse un pouco á literatura. Entón convértese ademais de pintor en autor literario e publica algúns libros.

-Interesouse por distintos aspectos da cultura...

-Si, eu a primeira conclusión que saquei cando empecei a estudiar sobre él, ao que adico a miña tese de doutoramento, pero tamén a tesina etc é que realmente, aínda que eu nun principio pensaba que era un pintor, Prudencio Canitrot foi un humanista, alguén que cultiva varias facianas do humanismo, a pintura como dixen pero tamén o xornalismo (porque empeza a escribir en xornais, concretamente en La Correspondencia Gallega, que era de Pontevedra e desapareceu no 1916 e estaba dirixido polo seu tío José Millán, nel escribía sobre temas literarios) pero tamén autor literario, debuxante e tamén tomou parte no movemento do Rexionalismo.

-Como chega ó Rexionalismo?

-Foi en 1910 ao coñecer a Basilio Álvarez, que era o líder do Rexionalismo galego, aínda que el xa nos primeiros cuadros inclúe o carballo de Santa Margarida, que era un símbolo xa para os provincialistas e rexionalistas, él realmente xa tivera esos primeiros contactos moi cedo, pero logo foi en Madrid cando asume máis esa corrente, sobre todo cando se implica con Acción Gallega e con Basilio Álvarez, que era o líder de Acción Gallega, e mesmo chega a facer campaña pola redención dos foros, que era o que pretendía Acción Galega, que os labregos fosen donos da súa terra porque non esquezamos que en Galicia a principios do século XX aínda estabamos no final do Antigo Réxime, sen que os labregos tivesen a propiedade. O máis salientable sería que é un humanista e que ten varias facianas.

-Que explica que Prudencio Canitrot non sexa tan coñecido como outros autores contemporáneos a el?

-Explicase por varios factores, o primeiro é que el so viviu 30 anos, morreu no 1913, cando él estaba consagrándose probablemente como unha figura de relevancia desapareceu, morreu moi novo e eso impediu que fose rercoñecido como merece, porque non so foi autor senón animador, él fundou unha biblioteca de escritores galegos en Madrid que aínda que escribían en castelán a condición para incluílos é que fosen galegos (él non distinguía entre idiomas, incluía os que escribían en galego, que daquela non eran moitos, sobre todo poesía, e os que escribían en castelán) e fai unha biblioteca de 14 tomos entre os que están Valle Inclán ou Murguía, por citar algúns dos máis coñecidos. - tamén desenvolveu en 1912 una exposición en Madrid na que estiveron todos os pintores galegos, él participou tamén pero quixo reunir os máis importantes artistas porque de feito él sempre se queixaba nos seus artigos de que en Galicia faltaban xenios da pintura despois da desaparición da Xeración Doente con figuras coma Murguía, e nesa exposición estaban autores como Lloréns, que logo sería un dos maís importantes artistas da plástica contemporánea galega, o escultor Asorei e tamén Castelao, que presentou varias caricaturas. De xeito que él foi un animador, ademáis de autor.

-Tampouco debeu axudar a dalo a coñecer o feito de ser contemporáneo de xenios como Valle Inclán...

-Ese é na miña opinión outro dos factores que explican que non sexa tan recoñecido coma outros, o canon literario, en cada época hai figuras canónicas coma Valle Inclán ou Emilia Pardo Bazán e eses autores son as veces tan grandes que eclipsan todo o que teñen darredor, pois probablemente o feito de que morreu moi novo e ese segundo factor os que explican que non se recoñeza aínda debidamente a Prudencio Canitrot como merece. - hai un terceiro factor, precisamente o descoñecemento do perfil humanista e da súa dimensión, o labor cultural que fixo é o que lle impide contar con máis recoñecemento

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores