16 de octubre de 2009
16.10.2009

Cabanillas e amigos, no Museo

Pontevedra acolle unha mostra do autor e o seu entorno creativo

16.10.2009 | 01:25
Un asistente fíxase nun dos textos expostos na mostra do Museo. // Rafa Vázquez

O novo edificio do Museo acolle dende onte unha mostra na que, coincidindo con 50 primeiros anos que se cumplen da súa morte, se fai un repaso pola obra de Ramón Cabanillas. A mostra, máis alá de ser unha habitual recopilación das súas creacións, deixa ver ao visitante a influenza causada polo seu grupo de intelectuais amigos.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, inaugurou onte a exposición monográfica "Cabanillas e os artistas galegos do seu tempo", que se poderá visitar no novo edificio do Museo ata o vindeiro día 15 de novembro. O acto, no que Louzán estivo acompañado pola vicepresidenta, Teresa Pedrosa; o alcalde de Cambados, Luis Aragunde; o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle e o xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo de Pontevedra, José María Picallo, serviu para por de manifesto a figura de Ramón Cabanillas, con motivo do 50 aniversario do seu falecemento.
O autor, ao que Louzán cualificou de "fillo ilustre da provincia", recibe deste xeito "merecida homenaxe: unha homenaxe que pretende ser, non só unha louvanza da súa obra, senón tamén un recordo do seu lado máis humano, da man daqueles que nalgún momento compartiron non só o seu tempo, senón tamén a súa amizade", salientou o presidente. A mostra que aco-lle a cidade de Pontevedra reúne pezas dos máis grandes creadores galegos do século XX, Castelao, Maside, Antonio Palacios, Seoane ou Asorey, entre outros. "Artistas todos eles que contribuíron e aínda contribúen a dignificar a nosa terra e mesmo a promocionala dende o punto de vista turístico e cultural", sinalaba Louzán.
En verbas de Carlos Valle, comisario da mostra, "esta exposición analiza as relacións de Cabanillas cun numeroso grupo de artistas galegos, privilexiadas nalgúns casos, con Castelao, Lloréns, Asorey, Camilo Díaz, Cebreiro, Agustín Portela, Tino Grandío ou Isaac Díaz Pardo", apuntou. Tamén oturas "menos densas noutros casos, como con Castro Gil, Méndez, Imeldo Corral, Colmeiro ou Maside, pero todas, en calquera caso, permítennos coñecer a evolución creativa do poeta e o seu impacto, a dos propios artistas, quen tiveron con frecuencia nas palabras de Cabanillas ó mellor crítico, ó máis preciso cantor das súas excelencias formais", resumiu Valle.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine