05 de agosto de 2009
05.08.2009

Marcha solidaria polo 0,77%

Pontevedra será o punto de partida dunha das etapas desta iniciativa

05.08.2009 | 03:39
Julio Lago, Teresa Casal y Carmen Santos.

Pontevedra súmase a iniciativa da Marcha Solidaria polo 0,77% na que un centear de participantes saíran da capital e percorrerán Vilaboa, Soutomaior e Redondela. Pretenden concienciar aos concellos galegos da necesidade de investir en proxectos de cooperación internacional como vía para axudar ao desenvolvemento do terceiro mundo. O Concello de Pontevedra destiña 47.010 euros en cooperación internacional.

A cidade de Pontevedra será punto de partida dunha das etapas da Marcha Solidaria Pobos de Galicia polo 0,77%, unha iniciativa que pretende concienciar aos concellos galegos da necesidade de investir en proxectos de cooperación internacional como vía para axudar ao desenvolvemento do terceiro mundo.
A marcha, que está organizada en etapas que se cobren a pé, partirá o sábado 10 de outubro de Pontevedra ás 8.00 horas e pasará por Vilaboa, Soutomaior, Redondela e Vigo.
Así o explicou o presidente da organización "Iniciativa 0,77", Julio Lago Castro, quen hoxe foi recibido pola alcaldesa en funcións, Teresa Casal, e pola directora xeral de Benestar Social, Carmen Santos.
Compromiso
Lago foi informado do compromiso do Concello de Pontevedra , que ten orzamentados nestes momentos 47.010, 12 euros en cooperación internacional e que, ano a ano, incrementa as partidas para este concepto.
A alcaldesa en funcións subliñou a integración do Concello no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, foro a través do que canaliza as partidas que permiten desenvolver proxectos en diversos países en vías de desenvolvemento.
Axuda
A achega pontevedresa ao Fondo é de uns 15.000 euros.
A maiores o Concello colabora con 14.000 euros no proxecto Vacacións en Paz, promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e subvenciona con 6.010,12 euros á asociación Amarante para actividades de consumo responsable e comercio xusto.
Cen persoas
Finalmente, o Concello asigna 67.661 euros a convenios de colaboración co sector solidario.
Teresa Casal acordou con Julio Lago que o Concello capitalino colaborará na busca dun lugar onde podan pasar a noite as 100 persoas que, aproximadamente, se estima que chegarán á cidade para participar na Marcha.
Procurarase que se sumen a iniciativa persoas de Pontevedra e dos concellos que se percorrerán durante a xornada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine