18 de diciembre de 2008
18.12.2008

Herminia Buceta Luna, Ex mujer de Maximino Couto: "Síntome máis aliviada, pero estas degracias poderían terse evitado"

A ex muller de Maximino Couto afirma que "unha morte non agrada a ninguén"

18.12.2008 | 01:00
Herminia Buceta, en la mañana de ayer ante su casa de Mourente

La ex mujer de Maximino Couto recibía ayer en su casa de Mourente la noticia del suicidio de su ex marido en una celda de la cárcel de A Lama. Visiblemente nerviosa y cansada, Herminia Buceta pidió no tener que volver a comentar lo sucedido hace unas semanas cuando Maximino presuntamente mató a la que era su actual pareja, María del Rosario Peso, y agredió a dos vecinos y un agente de la Policía Nacional, cuando la buscaba para matarla. También evitó recordar las "penurias" que sufrió durante su matrimonio al lado del agresor. "Xa estamos moi cansados de todo esto", comentó Herminia, alentada porque la pesadilla que la había convertido en una de las protagonistas de la actualidad en las últimas semanas parece haber llegado a su fin.
-Quen lle comunicou a nova do suicidio do seu ex marido?
-Chamoume un subinspector da Policía, que sempre estivo moi pendiente de nós. Xa nos ten chamado outras veces para avisarnos de que Maximino saía de permiso e a verdade e que sempre amosou unha gran preocupación pola miña familia. Nesta ocasión o que nos comunicou foi a súa morte.
-Como se sentiu ó coñecer o falecemento de Maximino Couto?
-Síntome máis aliviada, pero ningunha das desgracias que ocorreron deberían ter pasado nunca. Estamos tranquilos porque cremos que a partir de agora poderemos desfacernos do medo que tiñamos no corpo. Sabiamos que en canto saira do cárcere podía facer calquer cousa.
-E os seus fillos, como reaccionaron?
-Practicamente non tiven tempo a falar con eles. Supoño que, por un lado, estarán alividados, aínda que por outro trátase dunha morte e diso non se alegra ninguén. De todas formas, xa está ben de estar sempre co corazón nun puño porque a xustiza mete a estas persoas no cárcere e saen ó día seguinte. Estou viva de milagre e agora toca seguir para adiante, que xa o merecemos.
-Sospeitou nalgún momento este desenlace para o seu ex marido?
-A nós tíñanos ameazados e sabiamos que podía vir a por nós en calquer momento. O que non esperaba e que fora a polas demais vítimas. Non sei o que lle pasaba a este home pola cabeza, pero despois de facer o que fixo tamén era de esperar que se matase. De todas formas, isto é lamentable porque podía vivir tranquilamente sen chegar a estas cousas e sen facer as barbaridades que fixo.
-Presentara algunha denuncia polos últimos acontecementos?
-Presentarei unha pola porta que rompeu cando entrou na casa, despois de agredir ós veciños, pero non teño nada máis pendiente con el.
-Estase a comentar que entre as notas que deixou escritas Maximino antes de quitarse a vida, fixo especial fincapé en que os seus fillos non recibiran nada da súa herdanza. Ten vostede algún dato ó respecto?
-A verdade é que non sei nada deste tema porque non teño coñecemento do que fixo estes últimos anos. De todos xeitos, todo iso interésame mais ben pouco. Ademais, supoño que da súa herdanza quedará moi pouco porque ten que pagar todo o mal que fixo.
-O falecemento de Maximino pon fin ó seu sufrimento, pero non representa unha solución ó problema da violencia de xénero que se está a converter nunha das peores lacras sociais.
-Neste caso o agresor suicidouse, pero cando esta xente sae do cárcere busca outra parella e volve a matar. Estamos sempre así, sen que ninguén faga nada.
-Cre que vostede aportou o seu gran de area para poñer fin a esta problemática da que son vítimas tantas mulleres?
-Por moito que salgas nos medios de comunicación e denuncies o teu caso, e fales e te cabrees, se as leis non cambian, as vítimas non podemos facer nada.
-Ten coñecemento de quen se fará cargo do funeral?
-A verdade é que non sei nada ó respecto, nin tampouco é que me interese demasiado. O único que queremos é que todo esto pase e poder vivir tranquilos. Non sei cando se enterrará, nin tampouco quen se encargará de organizar as cousas para o funeral.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine