28 de julio de 2020
28.07.2020
Faro de Vigo

Avante insiste na urxencia de facer o Plan de Mobilidade Urbana Sostible

A formación leva a súa proposta ao pleno que se celebra o venres

28.07.2020 | 01:53
Avante insiste na urxencia de facer o Plan de Mobilidade Urbana Sostible

"Atascos, falta de aparcamento, bloqueo de entradas a casas e leiras, falta de transporte público..." Son algúns dos problemas vencellados ao tráfico que detecta Avante-Candidatura Veciñal, que aposta por "empezar a solucionar eses problemas e planificar a mobilidade, cun Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), e fai unha proposta ao respecto que se debatirá en pleno este venres. Para esta formación, a elaboración dun PMUS é "un dos retos fundamentais de Cangas", pois "non existen alternativas de transporte ao automóbil, nin espazo suficiente para que a xente se mova só en vehículo privado, en especial no verán".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca