A vixéxima segunda edición do Canjazz conta cun cartel de escándalo. Entre os artistas atopámonos a figuras como Abe Rábade. O pionista, precursor das primeiras edicións do festival, volve a Cangas para presentar o seu albúm "Dorabante" co seu trío. O contrabaixista Pablo Martín e o batería Bruno Pedroso acompañano nesta aventura coa que pretende maravillar aos espectadores da man dunha proposta ecléptica na que se pon en valor o trazo máis identificativo do jazz, a experimentación. A súa actuación terá lugar o día 20 as 22.30 horas no Eirado do Costal.

-Como un dos maiores representantes desde estilo musical, qué é o jazz para vostede?

-O jazz ten moitísimo que ver coa xestión dos riscos na música. Un exemplo deste feito é a importancia da improvisación para este estilo. A improvisación xorde naturalmente cando coñeces o marco de xogo no que se move a música que tocas. Esto non é un elemento específico do jazz, pero sí que neste cobra unha maior relevancia.

-Para vostede,cando un concerto de jazz pode ser conciderado como bo?

-Unha boa proposta penso que sempre pasa por facer algo único no escenario, e para iso hai que arriscar. Ti podes coñecer moi ben a linguaxe pero se non asumes esa querencia polo risco non vai ser tan jazzístico o concerto que vas dar.

- Dentro das correntes do jazz, a súa proposta musical onde se enmarca?

- O elemento fundamental desta concepción musical é a hibridación e sintetización de músicas diferentes. O jazz xorde fruto da mestura da tradición clásica e africana. Por ter unha orixe tan atípica e ser unha tradición de tradicións en definitiva, hai unha línea de tempo na que se foron conformando os coñecidos "standars", pero non hai que esquecer a tendencia que manifesta a combinación de diferentes concertos musicais.No meu caso, eu practico un jazz totalmente ecléptico, con un pé nun sinfín de estilos musicais. A miña proposta conta con referencias aos clásicos do jazz, a tradición musical galega e cubana e a experimentación conceptual.

-Vostede foi un dos precursores deste festival. Cal é a súa opinión do Canjazz actual?

-Eu pensó que o festival nas mans de quen está e estivo historicamente continuará sendo un éxito. Recoñezo que non podo falar dunha maneira neutral de Cangas do Morrazo, xa que para min esta vila supón a nivel biográfico algo moi importante. Neste espacio, da man de Luis Carballo, comezou o proxecto do Seminario Permanente de Jazz, que a día de hoxe está consolidado e vai facer vinte anos.

-A filosofía coa que xordeu o festival do jazz, tras 22 edicións todavía está presente?

-O Canjazz é un dos poucos festivais nos que a liña do tempo se mantén en Galicia. Os organizadores das últimas cinco edicións foron alumnos das primeiras. Ademais ámbolos dous complementaron a súa formación con estadias en Donosti e outros espazos.

-Qué significa poder tocar no festival de jazz deste ano?

-Que me chamen para participar no Canjazz, tras formar parte das primeras ediciones, é un orgullo. Cando me preguntaron se me gustaría tocar, a miña resposta foi un sí radical. É algo moi simbólico e importante.

-Qué destacaría do Festival?

-O mantemento do seu espiritu. Está feito dende a perspectiva dos músicos. O programa non se basa en burbullas que teñen moito máis que ver coa apariencia de ser que con ser. Este feito en moitos outras propostas musicais perdese ou atópase mediatizado, integrando factores que fan moito dano. Cando hai unha organización pequena e moi próxima ao estilo de jazz isto nótase no criterio artístico e o xeito de facer as cousas. Consolidar un evento e non desnaturalizado e evolucionar é o primordial.

-Na súa actuación vostede presentará o seu último disco "Dorabante". Cómo o define?

-"Dorabante", o meu albúm número 12 como líder, representa o meu carácter ecléptico. Nas pezas que compoñen a proposta musical o público atopará referencias a unha infinidade de estilos musicais. Como ocorre no resto da miña discografía, a mestura cobra un papel importantísimo.

-Dende hai 11 anos toca acompañado de Pablo Martín e Bruno Pedroso. Como influíu este cambio na súa obra?

-Só podo dicir que a proposta de repertorio non sería nada sen eles. Moitas veces é tan importante tanto o plantexamento da peza como a persoa coa que a compartes. A través dos anos os tres creamos un código común tan forte que nos permite chegar a derroteros creativos magníficos.

-A parte do novo disco, conta con proxectos de cara a un futuro cercano?

-Teño moitos frentes abertos. Dende a presentación de novas fechas para o espéctaculo "Lorca enamorado", ata a publicación de dous novos discos, pasando por colaboracións con figuras relevantes como por exemplo Salvador Sobral.