Hoxe é un día triste para todos nós. Meiramar-Axóuxeres síntese orfa pola inesperada perda de Eugenio Piñeiro, presidente e compañeiro, pero tamén amigo e familia. Dende a asociación non podemos evitar sentir un enorme baleiro nos nosos corazóns, un nó na gorxa, un silencio incómodo no aire... E sen embargo, un impulso desgarrador bérranos que o baile debe continuar, que debemos impedir que a música pare de soar, el xamais o permitiría, el que deu tanto pola nosa cultura, polo noso pobo, por nós. Onde queira que esteas haberá sempre unha gaita resoando por todos estes anos que nos regalaches con agarimo. Ata sempre, Geno, amigo.

(Asociación cultural Meiramar-Axóuxeres de Meira)