A librería Wells, de Cangas, acolle mañá ás 12.30 horas a presentación de "Fragmentos seleccionados", cómic do autor vigués Andrés Magán, un libro de historias curtas que tratan temas diversos, como a enfermidade, a morte, o proceso creativo ou a amizade. Os que o merquen recibirán unha lámina exclusiva e limitada que Andrés Magán fixo para esta presentación.