Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Información útil sobre a ostra

É un molusco bivalvo da familia Ostreidae da orde Mytiloida. O seu medio natural son as rochas, a area ou outro cascallo infralitoral ata os 80 metros de profundidade. Aliméntase de fitoplancton e materia orgánica podendo filtrar ata 250 litros de auga por día. Ao longo da súa vida desenvolve un "hermafroditismo non simultáneo" pois posúe o sexo masculino e feminino de xeito alterno. O desove ten lugar entre os meses de xuño e xullo e a posta é de máis de un millón de larvas por individuo, aínda que afronta unha grande mortandade. Nas nosas rías a ostra alcanza a talla comercial (6/7 cm) ao cabo de 18/24 meses, mentres que noutros países europeos tardan máis de catro anos.

A temperatura óptima para o seu desenvolvemento está entre os 15º - 20º C, situándose a salinidade aconsellable entre o 25 e o 30%. O cultivo principal é de ostra europea (Ostrea edulis) aínda que se están facendo esforzos para aumentar a produción da ostra rizada (Crassostrea gigas) que supón a día de hoxe o 10% do total producido. A produción de ostras faise hoxe en bateas e praias que inflúen notablemente na súa calidade pasando por tres fases: Obtención da semente, preengorde e engorde. As sementes, colócanse nunhas cestiñas circulares e mergúllanse para que vaian medrando ata a recolección e comercialización. Outro cultivo realízase en parques, metendo as sementes en sacos de malla sobre estruturas metálicas elevadas. Aínda que a maioría das crías que chegan a Galicia para o seu cultivo son foráneas, ao de-senvolveren o seu crecemento nas nosas augas, pasan a adquerir as características e o sabor dos nosos mellores mariscos polo que son moi cotizadas. A degustación de ostra plana ten en Galicia unha gran tradición, aprezo e consumo (incluso as de Grecia e Turquía), mentres que a chamada rizada, de orixe xaponés, máis rendible aínda precisa dunha adaptación e promoción en todos os sectores.

As ostras que chegan ao mercado proceden na sua maioría de cultivos en batea e antes de chegar ao consumidor pasan unhas 36 horas na depuradora. O periodo máximo para o seu consumo é de cinco días a partir da data de envasado e a conservación ideal é a neveira, canda as legumes a unha temperatura de 6 ou 8º C.

Compartir el artículo

stats