07 de octubre de 2009
07.10.2009

Amas de casa en plena forma

O colectivo cangués organiza unha ducia de actividades para o corpo e a mente

07.10.2009 | 02:58
Un grupo de devotas do aeróbic, onte pola noite no pavillón de Rodeira

A atención do fogar e as múltiples tarefas que conleva non é incompatible co cultivo do corpo e a mente. Así o pensan as representantes da Asociación de Amas de Casa de Cangas, que afrontan o novo curso cun programa de actividades amplo e variado para que as excusas sexan as mínimas. Desde aeróbic ata manualidades, pasando por lencería do fogar, ritmos latinos, encaixe de bolillos, tiffany, ximnasia de mantemento, danza do ventre , bailes de salón, tai-chi ou teatro, as alternativas son múltiples para saír da casa e disfrutar das oportunidades en compañía.

Onte pola noite foi xornada de aeróbic na pavillón do instituto de Rodeira, donde se reúnen máis dunha vintena de mulleres asociadas ao colectivo, que repiten actividade cada martes e xoves. Pero hai outras alternativas para darlle movemento ao corpo, como son os ritmos latinos (martes e xoves pola tarde, no ximnasio Atlantic); ximnasia de mantemento (no pavillón de Romarigo, polas mañás, previa solicitude); danza do ventre (os martes, de mañá e tarde, no ximnasio Gym California); tai-chi (os mércores pola noite no ximnasio Nazaret) ou bailes de salón, que se practican os venres no mesmo lugar.
Para as que se apuntan á tradición teatral de Cangas e do Morrazo está pendente a formación dun grupo e o reparto de horarios, para o que se pode consultar e apuntar poñéndose en contacto coa asociación, ben a través do teléfono 651 913 889 ou no enderezo electrónico amascasacangas@terra.es.

Outras habilidades
As manualidades teñen o seu espazo para o colectivo, que se reserva os venres de seis a oito da tarde na Casa de Oficios para practicar traballos de pintura en tea, seda, madeira e cristal; labores con ácido e grabado en vidro; tiffany e imitación; repuxado en prata e estaño; falso esmalte e tridimensional; así como abaloiros. Ás que optan pola rama téxtil tampouco lles faltan oportunidades. A mesma Casa de Oficios acolle os luns pola tarde o cursos de lencería do fogar, no que se traballa con edredóns, cortiñas, estores, patchword e todo tipo de bordados. E as que buscan solucións prácticas para a confección de roupa de bebé ou neno/a, no mesmo local contan con esa alternativa, todos os días de luns a xoves. E para a confección de roupa de señora, os martes e mércores a última hora da tarde, a partires do mes de novembro.
Actividades tradicionais e artesanais como o encaixe de boliños tampouco escapan á programación da Asociación de Amas de Casa de Cangas, que reservan para esta actividade os venres de 18:00 a 20:00 horas; e para os obradoiros de tiffany, os venres de catro a seis da tarde na Casa de Oficios. Semellante despregue de actividades deixa claro que quen non sae da casa é porque non quere, xa que abondan al alternativas. Ademais, ofrecen unha oportunidade para socializarse, saír da rutina cotiá e darse un agarimo cos praceres do corpo e a mente.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine