29 de noviembre de 2008
29.11.2008

O Hío festexa ó seu patrón

Esta tarde terá lugar un concerto na igrexa e maña celébrase a misa solemne

29.11.2008 | 01:00
Os alumnos do Hío recuperaron os folgos cunha boa chocolatada.

Co frío que vai estes días, os alumnos do colexio do Hío atoparon onte un bo xeito de empezar a celebrar a festividade do patrón da parroquia: unhas olimpiadas deportivas. Houbo carreiras e probas atléticas de todo tipo, que se combinaron coa práctica de deportes como o baloncesto, futbito, tenis ou incluso o brilé. Este ano o mal tempo que soe estar asociado a estas datas non foi un inconvinte, porque desde o inicio do curso escolar o centro conta cun pavillón deportivo cuberto. A pesar de todo, o feito de facer deporte por si só non bastou para quentar de todo ós rapaces. Pero diso xa se encargaron os pais e nais, que prepararon unha chocolatada que ben podería considerarse olímpica. Así si que entraron en calor e recuperaron os folgos despois de tanto deporte.
A programación veciñal para honrar a festividade do patrón comeza hoxe sábado e a mediodía haberá unha gran tirada de bombas de pirotecnia. Pola tarde, ás 18.00 horas está prevista unha misa rezada e ó seu remate, ás 19.00 horas, na propia igrexa parroquial terá lugar un concerto no que cantará a coral portuguesa Canto e Encanto, de Canas de Senhorim. A continuación intervirán un dúo de frautas composto polos músicos alemáns Goetz Mangeldorf e Marlen Köninger, que residen en Portugal e forman parte da Coral Canto e Encanto. O festival péchase coa actuación do grupo organizador, Queixumes do Hío. A xornada de hoxe concluirá pola noite coa tradicional verbena, que será amenizada por Magos de España e Triunfo.
Día grande
Mañá é o día grande dos festexos, no que se celebra a festividade de San Andrés. A partir das 11.00 horas haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Bellas Artes de Cangas e ás l2.00 horas terá lugar a misa solemne na honra do patrón. Será un oficio cantado e no que intervirá a Coral Queixumes do Hío. Ó finalizar sairá a procesión, que se o tempo o permite completará o percorrido de costume. A xornada rematará coa verbena e na que actuarán as orquestras Miramar e Abanico.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine