Por que está vostede en política?

Se queremos que as cousas cambien, que o pobo avance, temos que implicarnos. A política é unha forma de loitar polo que queremos en beneficio das veciñas/os.

Por que deberían votala os seus veciños?

Vila de Cruces ten que saír desta monotonía na que leva metida desde hai moitos anos. Temos que loitar con ganas para que este pobo se levante, por iso, fai falta xente nova que lidere un proxecto de cambio. Son unha muller que sabe escoitar, na que se pode confiar e cando teño que actuar, fágoo.

Onde se vai vostede despois do 26-M?

Traballando en beneficio de cada persoa, como o fixen sempre e como o seguirei facendo.

Por onde pasa o futuro do seu concello?

Seguir cara adiante. O futuro pasa polo desenvolvemento do mundo rural e forestal, con medidas reais e efectivas en materia empresarial para lograr o asentamento de poboación, crear emprego e coa prestación de servicios básicos á poboación.