01 de abril de 2019
01.04.2019

Fernando Redondo presidirá a Fundación Xosé Neira Vilas

É sobriño do escritor cruceño e está doutorado en Xornalismo pola USC

01.04.2019 | 20:56
Jesús Otero e Fernando Redondo, antes de entrar na asamblea do padroado.

O padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, de Gres, escolleu esta tarde novo presidente, un cargo que estaba vacante desde decembro tralo pasamento de Luis Reimóndez Fernández. O seu sustituto será Fernando Redondo Neira.Imparte clases na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Está doutorado en Ciencias da Información pola USC e ademais é especialista en comunicación audiovisual e cinema. Ademais, tén recibido diversos recoñecementos a escala literaria, como o premio Ramón Piñeiro de Ensario pola obra Os amorodos de Bergman, que se editará esta primavera, así como o Manuel Reimóndez Portela de Xornalismoa da Estrada e o II Premio María Luz morales de ensaio sobre audiovisual, na categoría de audiovisual inernacional. Redondo Neira xa recibira este mesmo galardón na edición de 2007 cando dependía da Axencia Galega do Audiovisual.
Redondo Neira tén 47 anos e tén as súas raíces moi preto de Gres, a sede da Fundación. É natural de Camporrapado, do concello veciño de Boqueixón. Dende moi novo mantivo un grnde apego con Neira Vilas, incluso antes de que este voltara a Galicia coa súa dona,Anisia Miranda.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia