Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Edita Lorenzo López: "A política é dura para as mulleres e eu sentinme discriminada no PSOE"

"Para min o principal será o asentamento rural, a dependencia e axudar aos gandeiros"

Edita Lorenzo López na última sesión plenaria cando dimitiu. // Bernabé/Javier Lalín

Tras 26 anos en política, directa e indirectamente, e tras dimitir en febreiro como concelleira do PSOE, Edita Lorenzo López pretende facerse coa alcaldía de Camba.

-Como leva esta nova etapa á fronte de Compromiso?

- Relaxada e contenta coa xente coa que vou e síntome moi arroupada,

-Faloume que desde o momento da súa dimisión tivo a proposta de tres formacións políticas, ¿por que Compromiso por Galicia?

-É onde máis reflexada me vexo neste momento e tamén porque foi o primeiro partido en falar comigo. É un partido que non é de esquerdas nin de dereitas, tirando máis ben ao centro, no que eu me sinto cómoda. E penso que é un partido para aquela xente que no se sinta nin de dereitas nin de esquerdas.

-Por que se decidiu por encabezar finalmente unha lista?

-Como xa che teño dito noutras ocasións, a min a política gústame, pero isto máis que un reto político, que por suposto que tamén o é, é un reto persoal para facer cousas para mellorar Rodeiro. Tamén para poder cambiar un partido que leva moitos anos no goberno facendo as cousas moi mal e sabendo que hai moitas mellores formas de facelo desde a humildade, a tranquilidade. Non fan falta obras maxestosas, simplemente hai que facer cousas cara os veciños e para os veciños, mirando moitísimo para o rural, porque Rodeiro é un concello totalmente gandeiro. Para min é o piar de Rodeiro.

-Se chega a alcaldesa, que será o primeiro no que se centrará?

-Para min o principal será o asentamento no rural, tratando de traer empresas, a dependencia e traer todo o máis que se poida para Rodeiro, sobre todo, benestar para os que vivimos aquí e aportar toda axuda ao rural. Para a xente maior poñer en marcha o servizo de levarlles a comida ás casas. Tamén estou a favor da caza e vamos promocionala para que sexa beneficiosa para o pobo e traballaremos pola problemática dos ataques do xabaril. E queremos que a ESO permaneza, incluso, hai que fomentar que alumnado de zonas limítrofes veñan aquí a facela, crear una gardería e facer que no colexio haxa servizo de coidadores de mañá e tarde.

-De momento, é a única candidata muller, ¿pensa que o PSOE non a elixiu como candidata por ser muller ou sentiuse discriminada?

-Si, e aínda que resulte triste dicilo vin discriminación no partido máis ben agora cara ao final, pero si, a política segue sendo bastante dura para as mulleres e no PSOE na elección de candidatos si que me vin bastante apartada.

-Como está a relación co PSOE?

-O PSOE en Rodeiro, non o partido, senón a xente que o leva non me representa, por iso a miña dimisión, e non me vía reflexada nese proxecto, por algo que eu viña criticando durante oito anos e sigo reivindicando, que tanto o alcalde como os concelleiros electos deben vivir en Rodeiro. E era algo que non aceptaban tampouco desde o partido, así que me gustaría saber que tipo de intereses hai, cando esta persoa (José Antonio González Dacal) sempre dixo que non quería ser candidato.

Compartir el artículo

stats