23 de septiembre de 2018
23.09.2018

Un exemplar con máis de 500 anos nas proximidades do Santuario da Saleta

23.09.2018 | 03:44

| É, sen dúbida, un dos seres vivos máis antigos da comarca dezá. Din que a contemplan máis de cincocentos anos de historia, que tamén deixaron mella no seu estado de conservación, especialmente na tronco, que presenta algunha oquedade importante. A sobreira de Siador, chantada no lugar de Penadagra, goza desde hai uns anos dun valado de protección levantado en madeira. Ao seu pé tamén hai un carteliño para informar aos visitantes do tipo de monumento natural ante o que se atopan. Este exemplar gañou aínda máis carácter simbólico pola súa proximidade ao Santuario da Saleta e o seu espazo recreativo, que atrae visitantes todo o ano, máis alá da súa cita anual de setembro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia