Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carlos Fernández: "A única reforma que fixemos no local nestes 68 anos foi cambiar unha estantería"

"Nos últimos anos temos máis competencia, entre os negocios da construcción, os bazares chinos e tamén internet"

Carlos Fernández sostén unha pesa na sua ferretería. // Lalinpress

A Ferretería Carlos non ten un letreiro na fachada que axude a identificala, pero quen pasa pola rúa Joaquín Loriga a miúdo e tén memoria fotográfica sabe fácilmente ónde atopalaa polo tendal da roupa e a escaleira de man que durante boa parte do ano flanquean a porta de entrada. O local está atendido desde o ano 1973 por Carlos Fernández.

-Vostede está a fronte do negocio desde que tiña 26 anos, e agora xa anda polos 70, case os mesmos que tén a ferretería.

-Pois si. Abriu o negocio o meu pai, Victorino Fernández Lamazares, no ano 1950, así que está a punto de cumplir os 68 anos. Cando se puxo en marcha, había só dúas ferreterías máis en Lalín, a de Santorum e a de Jacinto.

-Pero co tempo, a competencia foi a máis, nonsí?

-Si, o certo é que xa hai unhas poucas máis aquí no casco urbano. Pero tamén hai que ter en conta non só a sana competencia que podemos ter entre as ferreterías, senón que nos últimos anos tamén se puxeron en marcha negocios vinculados á construcción pero que ofrecen productos de ferreteria, ou incluso GSI, que tén unha ampla variedade de suministros industriais.nas súas naves do polígono Lalín 2000. E, ao igual que está ocorrendo noutros sectores, tamén hai que ter en conta a competencia que nos fan os bazares chinos, que coa crise teñen certo boom porque os clientes deciden mercar productos máis baratos.

-¿Internet tamén lles afecta ao seu sector, tal e como ocorre co textil?

-Si, é inevitable, pero cada vez a xente decide mercar máis a través da rede.

-Igual que evolucionou a competencia tamén tería que evolucionar o local. ¿Houbo que facer algunha reforma para incorporar material novo, para diversificar producto?

-Para nada. A Ferretería Sieiro, como se recoñece tamén entre os veciños porque ese era o apelido do primeiro marido da miña nai, estivo sempre na mesma rúa e coas mesmas superficies. O único que lle cambiamos en todo este tempo foi unha estantería. Si que é verdade que, co paso dos anos, vas incorporando novas cousas, como material de rego ou de xardín. Pero son productos estacionarios, que se venden durante unha época determinada do ano, así que tampouco foi necesario rehabilitar ningunha zona.

-Agora que fala de estanterías. ¿Qué hai que ter de especial para atender unha ferreteria, visto a cantidade de producto que tén?

- O único necesario é ter moitas ganas de traballar, non é un traballo moi distinto ao de atender unha tenda de roupa ou unha cafetería. É verdade que aquí podes atopar desde parafusos ata tendais para colgar a roupa, pero cando mercas a mercadoría e te encargas ti de colocala, sabes á perfección ónde queda cada cousa.

-¿Foi o seu pai, falecido no 2010, quen abriu o negocio. Por qué continuou vostede con el? ¿Xa tén quén o suceda?

-Eu, na práctica, crieme aquí, neste local, así que case se pode dicir que me gustou dende que nacín. Eu era o do medio de tres irmáns, e aos outros dous non lles interesaba este negocio. De momento non teño pensado xubilarme nin pechar, pese a sumar xa 70 anos, e sei que os meus fillos non van continuar coa ferretería porque cada un tén o seu traballo.

-¿Sempre foi un negocio familiar ou puido ter algunha vez empregados?

-Na década dos 90 contratara a unha persoa, que estivo aquí botándome unha man durante cinco ou seis anos. Pero despois non volvín ter a ninguén, e de momento dou feito coa clientela. Ogallá fixera falta incorporar a alguén detrás do mostrador...

-Aos que acudimos a unha ferretería de cando en vez sempre nos sorprende que estea atendendo un home, e que a maior parte dos clientes sexan tamén homes. ¿É unha actividade aínda moi masculina?

-Pode ser que resulte máis frecuente ver un home mercando cousas nunha ferreteria, pero tamén teño que dicir que, nos primeiros anos en que se puxo a funcionar este local, era a miña nai quen a atendía, e non tivo ningún tipo de problema. Como dixen antes, trátase de saber qué productos tés no local para aesorar ao cliente e prestarlle o mellos servizo posible. Tamén é verdade que, despois de que a miña nai deixou de atender o negocio, sempre houbo homes pendente del.

-Nestes 68 anos terían atendido pedidos ben raros, ¿ou non? ¿Lémbrase de algún?

-Pois o certo é que non, e mira que en tanto tempo seguro que houbo consultas un tanto estranas neste local. Tampouco podo queixarme de todos os clientes que pasaron por aquí e que, igual ca min, seguro que xa son a segunda ou a terceira xeración que pasa por esta casa para arranxar os pequenos incidentes do día a día.

-Falaba antes de que hai determinados productos, como os de xardín e rego, que se venden mellor durante o verán. ¿Hai picos de venta nas ferreterías?

-Non, é un sector que tén ventas ao longo de todo ano porque, como dicía, nunha ferretería tés a a solución para calquera pequeno desperfecto que poidas ter xa non notraballo, senón incluso no fogar.

-O seu local atópase nunha das rúas que queda cortada ao tráfico durante a fin de semana. Foi unha medida coa que se tenta impulsar o comercio e a hostelería. ¿Vostede nota un incrmento das ventas desde que se peatonaliza esta rúa os venres pola noite, os sábados e domingos?

-A min a verdade é que moito non me beneficia, pero hai que pensar que eu solo abro os sábados polas mañás e que ademais é evidente que os clientes poden aproveitar a fin de semana e unha rúa peatonalizada para entrar nas tendas de calzado e roupa, ou tamén para mercar con calma nos postos de productos frescos e hortalizas que se montan nas beirrarúa todos os sábados. As compras que pode facer un cliente nunha ferretería un sábado son puntuais.

Compartir el artículo

stats