A Fundación Paco Lareo A Solaina, de Piloño, acolle o próximo xoves, día 24, un concerto didáctico para conmemorar as Letras Galegas. Será ás 12.00 horas e nel actuarán Isabel Blanco e Dextrum Ensemble. A Solaina, ademais, acolle ata o venres unha exposición de fotos dun concurso do CEIP Cerdeiriñas, tamén de Piloño.