Unha iguana no CEIP Ramón de Valenzuela é o título da actividade cultural que desenvoverá hoxe neste centro de ensino da Bandeira (Silleda). Será na biblioteca para o alumnado de 3º, 4º,5º e 6º de primaria, e no que intervirá o escritor estradense Xosé Luna Sanmartín cunha performance entre as 12.00 e as 13.00 horas.