Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Francisco Vilariño Taboada: "Poñeremos en marcha este ano o albergue de pereginos no antigo Manuel Rivero"

"O éxito da Feira do Cocido é incuestionable, pero Lalín é un destino turístico para todo o ano"

Vilariño, onte, diante da escultura do Porco. // Bernabé/Javier Lalín

-Que valoración fai da Feira do Cocido?

-Só pode ser unha: batíronse os récords de asistencia, de comidas servidas nos restaurantes e a proxección que para o concello tivo, é moi positiva. Así o percibe o conxunto da sociedade pois, a Feira do Cocido aínda que non é un invento deste goberno, si que as medidas que introducimos fixeron darlle moita máis forza. Dotamos a feira dunha grande saúde, tamén pola importancia que ten para a economía do concello. Márcanos a liña do que deben ser as políticas para levar adiante aínda máis esta feira.

-A internacionalización da festa, aínda cumplindo cos requisitos, parece que se resiste e todo apunta a que será moi complicado acadar ese obxectivo...

-É así, pero nós cumplimos con todos os requisitos que se piden; esto non o di o goberno, senón tamén a oposición e Turismo da Xunta. Cando algo cumple de sobra e se algo se denega é porque hai detrás unha decisión política. Temos un recurso presentado y pediremos apoio de novo á Xunta para que o ministerio mude o seu posicionamento inxusto. Lalín non pode verse castigado por unha decisión política e, vendo como saíu o Cocido este domingo, aínda temos máis lexitimidade para reclamar algo que nos pertenece.

-Este goberno fixo cambios na festa, aínda que a esencia da mesma mantívose. ¿Hai posibilidade de darlle máis voltas á filosofía deste evento?

-Non nos pechamos a nada. Eu sempre digo que co Cocido non se xoga, sobre todo pola súa importancia económica. Temos nel unha tarxeta de presentación de Lalín, pero non como destino dun fin de semana, senón de doce meses. Neste ano a novidade, que non é un tema menor, foi dotar ao Cocido de máis transparencia económica. Era moi curioso ver como as aportacións de hostelería e outro tipo de negocios facían para esta festa non aparecían por ningún lado en Intervención. Agora o que aporta a xente, fiscalízase. Outra novidade foi a gala 'Menú do Cocido' logo de coñecer que se suprimía a gala televisiva. O Cocido é algo dinámico e se vemos que hai cousas que non funcionan non nos van doer prendas en suprimilas. Se pensamos que está todo feito e cando esta feira podería esmorecer; hai que innovar para que todos os anos a xente teña interese por ela.

-Lalín é algo máis que gastronomía, que non é pouco...

-Precisamente o que non quero un goberno que pense solo no Cocido como un menú dun plato, nós la concellería fixemos un enorme esforzo en cambiar as políticas de promoción do noso termo municipal. O anterior goberno tiña a visión de traballar o Cocido, pero aí quedaba a promoción do noso concello. Agora seguimos mimando esta festa, pero aplicamos tamén políticas moi activas de ir onde está a xente, empregar as novas tecnoloxías... Non había nin material divulgativo. Os programa dos blogueros, que tanto éxito tivo, repetirase e seguiremos a poñer en valor os nosos valores naturais, o patrimonio e outros recursos propios dunha vila que invite aos turistas a vir a visitarnos os doce meses do ano. Pero o Cocido é un traballo transversal de todo o goberno e se é garantía de éxito é polos profesinais da hostelería ou da industria de producto que temos. E sen esquecernos do traballo colectivo, por iso dicimos que o éxito do Cocido e do pobo de Lalín.

-¿Que modelo plantexa para Lalín como destino turístico?

-O primeiro que fixen cando tomei posesión foi encargar á USC un plan estratéxico. Non imos vender mar cando non o temos, e por iso había que analizar as nosas potencialidades, e acabamos concluindo, como di o noso lema, Lalín é un interior único. Somos un pobo moderno, innovador, pero cun rico patrimonio histórico-artístico. Temos que divulgar os nosos recursos e un exemplo foi o traballo na difusión do Camiño de Inverno, que pasa polo noso concello. Aí ademais temos propostas concretas e complementarias como a construcción, xa para este ano, do albergue de peregrinos nas instalacións do antigo colexio Manuel Rivero.

Compartir el artículo

stats