Dende o seu pasamento o 27 de novembro, son numerosas as mostras de recoñecemento da herdanza de Neira Vilas. A nivel local, a fundación que leva o seu nome acaba de reestructurar o Padroado e xa adiantou que seguirá convocando os premios Arume e Estornela, cos que se promove a literatura para nenos. Pola súa banda, o Concello de Vila de Cruces tén pendente a posta en marcha do Centro de Interpretación de Balbino, que se unicará nun baixo do casco urbano e ao que se trasladará boa parte do material de Memorias dun neno labrego que se garda na casa do escritor en Gres. Hai, ademais, outro proxecto particular, de David Sueiro, que pretende incorporar unha sala sobre Memorias... na súa granxa escola, O Curral do Galo Celta.