13 de enero de 2013
13.01.2013

A 7 anos da inauguración do Roteiro da Montaña Máxica

13.01.2013 | 01:00

Resúltame incomprensíbel como, sete anos despois de inaugurado o Roteiro da Montaña Máxica, sete anos despois de profuso labor divulgativo, os mordomos da ermida -entendo que aínda por descoñecemento- sigan glosando a haxiografía da súa padroeira botando man ao relato da homónima de Augasantas (Allariz), no canto de empregar as vernáculas motivacións. Do mesmo xeito que o señor Xosé Cortizo, veciño octoxenario da aldea de Barro de Arén, glosou a historia da santa Mariña do Seixo para o documentario "Monte do Seixo. A Montaña Máxica" (2009), así nós insistiremos en darlle a coñecer ao mundo a singularidade da nosa tradición.
Afasteime da Santa Mariña seguindo o trazado da pista central do parque eólico. A apertura deste vial provocou a desaparición do camiño de Coto e mais un bo treito do camiño real que, dende a vitivinícola bisbarra do Ribeiro (Ourense) e salvando as lombas do Seixo, achegaba os arrieiros deica os mercados de Pontevedra. As rodeiras do Campo Xuncal, afondadas na lousame por mor do inveterado tráfico de carruaxes, ofrecen testemuño desta abolida rota comercial. O antigo camiño real, á altura de Portalén e do Marco do Vento, amecía co camiño da feira de Doade (Beariz) e, feitos un no descenso, enfilaban a orientación sueste.
Nunca está de máis lembrar que, a maiores das rodeiras do Campo Xuncal, esfachicadas por mor das obras do parque eólico, outros moitos recunchos selleiros do monte padeceron a incontrolada e asoballadora porfía da maquinaria: Chan de Mamas, Outeiro do Coto, Cruz do Seixo, Portalén-Marco do Vento, Marco da Santa Mariña, Castro Pequeno, Moreón das Pedras...

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia