- Os votos do BNG permitiron aos socialistas sacar adiante temas de grande calado coma os orzamentos ou as ordenanzas fiscais. O goberno cumpliu cos compromisos adquiridos con vostedes?

- Fala de tasas e impostos. Temos que recordar que se baixou o IBI do rural porque nós tiramos para baixar do 0,60 ao 0,54, porque o goberno quería deixalo no 0,60 e tanto a Esquerda Unida como a Somos Maioría lles valía, non lles preocupaba. Nós tiñamos unha situación complexa e entendemos que a mellor maneira de conseguir cousas para os veciños era facendo unha oposición constructiva que sabiamos, e eramos moi conscientes, de que iba a xogar na nosa contra. Pero puxemos os intereses dos colectivos aos nosos propios. O cumplimento? Non foi como debera ser. Podo poñer unha partida para normalización lingüística que o PSOE non a vai a levar coma o BNG na vida porque non cre. E quen di iso di apostar polos sectores produtivos porque non teñen autoestima do propio. Nin eles nin moitos dos que están na outra banda. Nin se cumpriu o 60% en cultura propia, nin se cumpliron todas as partidas de cultura nin de rural, se fixeron cambios de finalidade para Matosinhos, para alumeado ou para a senda verde. Que nos queda? Algunhas outras alomenos si se levaron adiante, como a colaboración da residencia Con Eles ou a implicación coas comunidades de montes, que para nós era fundamental.

- Logo quedou moito no tinteiro.

- Si, e ademais porque tiñamos que estar detrás para que se cumplisen. Por exemplo iniciativas culturais, unhas bases para que a xente poida acceder de xeito igualitario a esas axudas e despois os criterios non existían. Se denegaban por me gusta ou non me gusta, e iso nun Concello non pode pasar. O Consello da Cultura ou o Veciñal seguen no caixón.