O Concello de Ribadumia celebrará mañá a III Festa da Bicicleta, evento organizado por la asociación Festeiros de Leiro e que o Concello incluiu dentro dos actos do Día das letras galegas. A actividade consistirá nunha ruta que rematará coa entrega dos premios á bicicleta máis antiga, á familia máis numerosa, ao participante máis novo e ao máis lonxevo. Esta cita supón unha oportunidade para desfrutar dunha ruta que percorrerá un itinerario accesible e circular duns dez quilómetros de duración. A dificultade será baixa para que todos os participantes no evento poidan desfrutar da actividade. Pola tarde terá lugar a gala a prol do galego, onde se recoñecerá a labor dun veciño en defensa da lingua.