La candidata nacionalista a las municipales, Sandra Fernández Agraso prantexa a creación dunha ferramenta on line que amose os artigos dos establecementos locais na internet. No modelo urbán que o BNG quere para Sanxenxo e que aplica naquelas vilas nas que goberna, o comercio local ten un papel fundamental, o de vertebrar os núcleos e o de xerar actividade, non so económica, senón tamén vital.

"E de todos coñecido que onde o BNG goberna, o comercio local está a resistir grazas ás humanizacións e dinamizacións das rúas, mais agora hai unha realidade que non podemos obviar e que cada vez ten máis compradores: a venta por internet", afirma.

Fernández Agraso considera que ese impronta dinamizadora precisa un respaldo decidido por parte da administración local, polo que o programa nacionalista para o comercio inclúe a posta en marcha dunha plataforma dixital que sirva de escaparate on line da oferta comercial local, revertendo así a tendencia globalizadora.