A Audiencia Provincial de Pontevedra arquivou definitivamente a denuncia dos concelleiros socialistas de Valga contra o equipo de goberno polas Comisións de Coordinación. As tres maxistradas do tribunal acordaron rexeita ar o recurso de apelación presentado polos edís da oposición contra o sobreseemento provisional da causa dictado, ata en dúas ocasións, polo Xulgado de Primeira Instancia nº1 de Caldas de Reis.O auto é firme e contra el non cabe ningún outro recurso.

A Audiencia avala as explicacións que sempre ofreceu o equipo de goberno:as Comisións de Coordinación foron creadas legalmente e as súas retribucións, aprobadas anualmente polo Pleno sen informes en contra de ningún dos secretarios e interventores municipais. O auto di, literalmente, que as Comisións de Coordinación "existen dende o ano 1991, froito da potestade de autoorganización que ostentan as corporacións locais e, por tanto, axustadas a dereito". Engade que "as asignacións encontrábanse previstas na dotación orzamentaria do Concello en cada un dos exercicios económicos" e que "foron aprobadas polo Pleno da Corporación sen que conste nota de reparo ou obxección algunha por parte do secretario ou interventor do Concello".

Polo tanto, a Audiencia descarta a existencia dos delitos de prevaricación administrativa e malversación de caudais públicos, posto que os concelleiros que cobraron as correspondentes dietas"efectivamente asistiron ás reunións",o pago "respondeu a un procedemento legal"e"o gasto estaba previsto nos orzamentos".Comparecencia do alcalde

O alcalde, José María Bello Maneiro, e outros concelleiros do grupo de goberno compareceron esta mañá para informar sobre a resolución da Audiencia Provincial. Durante todo este tempo "amosamos o máximo respecto polas decisións xudiciais. Pedímoslle agora aos concelleiros do PSOE e aos seus palmeros que rectifiquen e recoñezan públicamente nos medios de comunicación e nas redes sociais, nas que durante tres anos estiveron intentando enganar aos veciños, queas comisións de coordinación foron sempre legais e que a súa constitución non supuxo ningunha irregularidade. O colmo deste caso -engadiron- é que un dos concelleiros do PSOE denunciantes votou, no seu día, a favor da creación das Comisións de Coordinación. Ademais, o novo candidato das Mareas, tamén no seu día concelleiro do PSOE, tampouco votou en contra da creación de ditas Comisións cando tivo oportunidade".

O equipo de goberno volve a reiterar que "todo o que se fixo e se fai no Concello de Valga está dentro da legalidade" e entende que as Comisións de Coordinación son un órgano importante para a boa organización e funcionamento do Concello co fin de seguir mellorando Valga e a calidade de vida dos nosos veciños, para así seguir defendendo os intereses dos valgueses ante outras institucións e sempre por enriba dos intereses políticos".

Os membros do goberno municipal entendemos queesta resolución da Audiencia "deixa ao descuberto todas as mentiras e fulmina a credibilidade dos concelleiros do PSOE de Valga. A súa capacidade para exercer con rigor como representantes públicos é nula". Lamentan que os socialistas elixiran como estratexia a "xudicialización da actividade do Concello en lugar de traballar para mellorar o pobo e a calidade de vida dos seus veciños. Durante máis de tres anos tivemos que escoitar e ler unha barbaridade de descalificacións, insultos e faltas de respecto cara ao equipo de goberno, acusándonos de delitos que ningún de nós cometemos. Tamén os nosos familiares, algún deles menor de idade, tiveron que sufrir as consecuencias destes ataques e desta persecución personal e política. Agora chegou o momento de que todos dean a cara".

"Esiximos á candidata do PSOE que recoñeza que todo foi unha burda estratexia política para manchar a imaxe deste goberno e presente inmediatamente a súa dimisión como cabeza de lista. E esperamos que o candidato das Mareas e os seus seguidores e palmeros, que durante toda a lexislatura acompañaron aos seus ex amigos socialistas no traballo sucio contra o equipo de goberno, rectifiquen e pidan perdón".