Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Grove repite entre os pobos que apostan polo galego nas redes

O meco e máis Rianxo son os únicos da ría que participan no proxecto"Youtubeiros" - Deféndese o idioma nese canal

Intervención do alcalde do Grove na presentación. // FdV

Os Concellos de Rianxo e O Grove son os únicos da ría que participan na terceira edición do proxecto "Youtubeiros", co cal se fomenta o emprego do galego nas redes socais, e sobor de todo na plataforma Youtube, a través dun certame de vídeos, campañas de difusión e cursos de formación.

Tal e como se sinalou na presentación acontecida onte, con intervención do alcalde meco Xosé Cacabelos, Youtubeiros é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos Concellos, entre os que tamén se atopan A Coruña, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra e Santiago.

Tamén participan as universidades da Coruña, Santiago e Vigo e maila Deputación da Coruña. Todos eles "coa meta de consolidar a comunidade de youtubeiros e promover e darlle visibilidade ao uso do galego a través de Youtube".

6.500 euros

Hai que lembrar que ata o dagora máis de 380 persoas, con idades comprendidas entre os 18 e os 80 anos, acudiron aos cursos de formación. E tamén que ao abeiro do proxecto se produciron máis de 2.000 minutos de contido en galego en Youtube.

Outro dato chamativo é que nas dúas edicións anteriores máis de 400 persoas participaron no "Premios Youtubeiros", que desta volta aumenta o número de categorías e incrementa a súa dotación económica ao pasar dos 5.500 euros de 2018 aos 6.500 euros desta terceira convocatoria.

Pódese sinalar que ese cartos repartiranse nas categorías de "Vídeo-facermos", "Vídeo-opinarmos", "Canle" e "Vídeo-cantarmos". Esta última é "a gran novidade deste 2019, e con ela recoñecerase e incentivarase o gran talento musical que está presente en YouTube".

Compartir el artículo

stats