O grupo municipal de Esquerda Unida emiteu esta mañán un comunicado no que di apostar polas mobilizacións para amosar “o enorme malestar que a veciñanza do Grove padece por mor das carencias e o colapso do centro de saúde”.

Destre xeito, “máis aló da moción conxunta que os grupos da corporación teñen decidido impulsar para reclamar solucións ao respecto, EU considera necesaria unha resposta contundente e unánime a pé de rúa, que deixe constancia clara do fartazgo da cidadanía e force á administración autonómica a impulsar medidas efectivas”.