Na festa do idioma galego que tivo lugar onte en Valga lembrouse que un dos fitos máis importantes na promoción da lingua foi o traballo conxunto que levaron a cabo o Concello e mailo seu Servizo de Normalización Lingüística coa Real Academia Galega para adicar a Xesús Ferro Couselo o Día das Letras Galegas no ano 1996. Como tamén o establecemento do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo.