Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Lourdes Ucha: "Meaño conxela os impostos, o importante son as persoas"

Lourdes Ucha: "Meaño conxela os impostos, o importante son as persoas"

A rexidora de Meaño Lourdes Ucha respostou onte as preguntas aos alcaldes do Salnés sobre o balance dos tres anos de mandato e os seus propósitos para o vindeiro que resta antes das eleccións municipais de 2019. Completa así a serie cos rexidores que FARO publicou nun amplo reportaxe este domingo.

- Que destaca da xestión destes tres anos?

- Neste mandato o importante son as persoas. Seguimos traballando en política social para manter e mellorar os nosos servicios. Seguimos traballando tamén na mellora dos viales públicos, na ampliación dos mesmos e novos asfaltados, recollida de pluviais e sobre todo na limpeza destes. Tamén na recuperación do noso patrimonio coa mellora e recuperación de fontes e lavadoiros, na creación de novos espacios públicos de esparcemento.... Todo elo mantendo os impostos, sendo Meaño un dos Concellos do Salnés cos impostos máis baixos, exemplo disto é o IBI ao 0,4%.

- Un ano por diante, cómo prevé revalidar á alcaldía?

- Neste ano seguiremos traballando para cumplir ao máximo ó noso programa electoral, centrándonos en varias obras importantes xa encamiñadas e sobre todo, seguir xestionando pensando nos veciños.

Compartir el artículo

stats