Dara Rosales, gañadora de 150 euros no cuarto sorteo da “Campaña Estrela”

Tralo sorteo efectuado onte na sede social da asociación, con motivo da “Campaña Estrela”, o gañador foi Sara Rosales Piñeiro, que selou a súa tarxeta nos comercios Acolá Trend, Green & Grey e na Administración de Lotería Tica, polo que disporá de tres vales compra de 50€euros para consumir nestes establecementos. Neste caso, Sara Rosales forma parte do club de fidelización de “Comercio do Morrazo”, polo que recibirá na súa tarxeta de fidelización outros 50 euros. A asociación de comerciantes “Estrela de Marín” lembra que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas. O acto de entrega do premio é hoxe xoves ás 12.00 horas no comercio Acolá Trend, e no transcurso do mesmo o gañador recibirá os 150 euros en vales compra. Nesta edición, efectuanse seie sorteos polo que en total entreganse 1.400€euros en tarxetas regalo.