Del Riego e os mozos: alianza por Galicia

O Pazo Provincial acolle “Un optimista radical”

Alumnos de catro centros asistiron ao espectáculo, encabezado por Serafín Marcos.   | // RAFA ESTÉVEZ

Alumnos de catro centros asistiron ao espectáculo, encabezado por Serafín Marcos. | // RAFA ESTÉVEZ / R.P.

R.P.

Os máis novos son o noso futuro como país e tamén onte os convidados de honra ao espectáculo teatral “Un optimista radical”, baseado na vida e o traballo de Francisco Fernández del Riego, un dos actos centrais cos que a Deputación celebrou as Letras galegas. Asistiu o alumnado do centros integrados de FP Carlos Oroza e Manuel Antonio e dos institutos Valle Inclán e Martín Sarmiento.

Serafin Marcos encabezou un espectáculo no que maneira moi dinámica, interactiva e entre chanzas e risas, fixo un percorrido pola traxectoria vital e literaria de Del Riego, subliñando que foi un galeguista que tivo dúas paixóns, a idea de Galiciaa e a idea da liberdade.

A deputada de Lingua, María Ortega, lembrou aos alumnos que teñen “unha grande responsabilidade. Nas vosas mans está manter o legado de galegas e galegos que construíron a nosa cultura, o noso país, a nosa lingua. Tedes a responsabilidade de manter con vida a nosa identidade e de transmitila ás xeracións vindeiras”.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación Carmela Silva agradeceu a participación dos centros e instou a cada alumno a que “esteades alerta coa nosa lingua” xa que, lembrou, é únha das cousas máis importantes que ten un pobo”.