Síguenos en redes sociales:

O Concello de Marín e a Fundación Menela ofrecen un faladoiro para familias con crianzas TEA escolarizadas

A escolarización dos nenos con algún tipo de TEA (trastorno do espectro autista), é o asunto do faladoiro que organizan a Fundación Menela coa colaboración do Concello de Marín. Amosará estratexias e recursos que poden aplicar na casa, en relación á conducta, a comunicación a incentivación da autonomía destes rapaces e rapazas e ao desenvolvemento das actividades máis comúns e esenciais da vida diaria. A charla será na Biblioteca Pública Vidal Pazos o xoves 26 de enero, de 10.00 a 13.00 horas, e a inscripción á mesma xa foi enviada aos pais e nais dos centros educativos de Marín. Ata o momento, xa hai 24 familias inscritas

Pulsa para ver más contenido para ti