O vindeiro xoves 6 de outubro permanecerá operativa na explanada da Seca, en Poio, unha unidade móbil da ITV, só para vehículos agrícolas. O horario de atención ao público será de 9.30 a 13.00 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde. É necesario solicitar cita previa, un trámite que se pode facer vía telefónica, chamando ao 902309000. Tamén é posible facelo por vía telemática, a través da ligazón www.sycitv-com-cita.