Empresas, entidades e axentes culturais poderán reservar o seu espazo na Culturgal 2022 a partir do mes de setembro. A organización da Feira, que celebrará a súa 15 edición do 25 ao 27 de novembro en Pontevedra, traballa durante o verán na renovación do seu modelo e na convocatoria de reserva de stands. Tamén se aproveitan estas semanas estivais para pechar a imaxe gráfica do ano e para os contactos cos patrocinadores. A presentación está prevista para a primeira quincena de setembro.