Logo de dous anos de ausencia, a Concellería de Benestar Social e Mocidade recupera o venres a súa tradicional sardiñada, unha cita que tivo que ser suspendida tanto en 2021 como en 2020 por mor da pandemia. A concelleira responsable deste departamento, a socialista Rosa Fernández, lembra que esta actividade “está fundamentalmente pensada para os e as nosas maiores, pero é aberta a toda a veciñanza”. Como xa é habitual, a entrada será de balde. As sardiñas asadas comezarán a prepararse sobre as 18.00 horas. Posteriormente, comezará o reparto de racións, con 70 kilos de sardiñas.