Máis de 2.000 persoas participaron durante a fin de semana nos diferentes actos organizados no marco da I Festa do Mar no porto de San Adrián de Cobres, un evento no que as cifras avalan a satisfacción do goberno local polo respaldo social a un evento que buscaba, sobre todo, homenaxear ao sector do mar de Vilaboa.

Durante as dúas xornadas despacháronse 1.272 racións (383 de mexillón, 570 de choco e 289 de ameixa) facendo que nalgún turno os restaurantes quedaran sen suministro tendo que volver a encender os fogóns para cociñar pratos que tiveron moita demanda tanto ao mediodía como á noite. A facturación da venta das tapas superou os 6.000 euros.

No concurso de catas, o premio ao Mellor Sabor foi para A Garboa; o premio á Mellor Presentación levouno Restaurante Mauro e o premio á Innovación para A Casa de Rosa da Mazaroca.

A concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, agradece a resposta da cidadanía a unha Festa que pon en valor o produto extraído das augas de Vilaboa e agora o goberno local comeza xa traballar na Festa do Viño, que terá lugar a finais do mes de xullo en Riomaior.