Despois da Xornada de Portas Abertas vivida o pasado sábado día 18 de xuño con motivo da celebración do 50 aniversario do CEIP de Seixo, e despois da alta demanda recibida para continuar vendo a exposición conmemorativa, a dirección do colexio e o claustro de profesores abrirán as portas do centro hoxe xoves e o luns día 27 en horario de 10.00 a 13.00 horas para satisfacer as peticións das persoas que demandaron poder pasar outro día e ver dita exposición. A comunidade educativa e a dirección do Centro aproveitan para agradecer todas as visitas recibidas e salientar a gran aceptación que tivo esta exposición.