O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acompañado polo vicepresidente segundo da Deputación, Carlos López Font e veciños da parroquia de Corredoira inauguraron oficialmente as novas instalacións do Centro Sociocultural que o Concello pon a disposición da veciñanza tras ser recuperado do Estado e restaurado a través dun proxecto da arquitecta local María García.