A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) entrega en Santa Clara os premios Mil Primaveras
CantáMOLA en galego, do Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra, premio á mellor proxecto novo
A igrexa do convento de Santa Clara de Pontevedra acolleu este sábado a terceira edición dos premios Mil Primaveras, nos que a Coordinadora de Persoas Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL), en colaboración coa Deputación de Pontevedra, recoñecen o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, dan visibilidade a proxectos que poñen en valor a lingua galega e divulgan boas prácticas que poden servir como modelos multiplicadores.
Nesta edición resultaron premiados os proxectos ‘CantáMOLA en galego’ como mellor proxecto novo, do Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra; Twitter e Instagram en galego como premio á mellor comunicación e impacto; Diccionario galego para boomers como premio ao mellor proxecto de fomento do galego na infancia e mocidade, do IES Leiras Pulpeiro; o proxecto ‘Media Laranxa’ de fomento do galego nun ámbito sectorial (a cociña); ’Somos Xogo’ por proxecto máis innovador, realizado por ‘Xandobela. Educación e cultura’; e ‘Do berce á rúa’, un proxecto estabilizado do Concello de Narón que busca impulsar a crianza en galego achegando recursos para a comunicación nas aulas e na casa.
Pola súa banda, a deputada provincial de Lingua María Ortega -que entregou o galardón dos premios á mellor comunicación e impacto a ‘Twitter e Instagram en galego’-, deu os parabéns á CTNL pola organización e ás persoas recoñecidas pola a calidade dos traballos. Subliñou que as institucións deben ser conscientes de que “con falar galego non abondapara contribuír a defendelo” e insistiu na necesidade de destinar os máximos recursos de maneira transversal para poñer en valor a lingua.
Temas
Más en Pontevedra
-
Santa Clara contará con una entrada por la plaza de Barcelos
-
El Sergas expropiará en Montecelo uno de sus seis “leiraparking” para las 892 plazas de pago
-
El 98,5% de los niños de la ciudad entrará en el colegio en el centro elegido en primera opción
-
“Creo que facer unha boa comedia é do máis difícil que hai”