A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) entrega en Santa Clara os premios Mil Primaveras
CantáMOLA en galego, do Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra, premio á mellor proxecto novo

Foto de familia cos premiados na Igrexa do Convento de Santa Clara. / FdV
R.P.
A igrexa do convento de Santa Clara de Pontevedra acolleu este sábado a terceira edición dos premios Mil Primaveras, nos que a Coordinadora de Persoas Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL), en colaboración coa Deputación de Pontevedra, recoñecen o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, dan visibilidade a proxectos que poñen en valor a lingua galega e divulgan boas prácticas que poden servir como modelos multiplicadores.
Nesta edición resultaron premiados os proxectos ‘CantáMOLA en galego’ como mellor proxecto novo, do Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra; Twitter e Instagram en galego como premio á mellor comunicación e impacto; Diccionario galego para boomers como premio ao mellor proxecto de fomento do galego na infancia e mocidade, do IES Leiras Pulpeiro; o proxecto ‘Media Laranxa’ de fomento do galego nun ámbito sectorial (a cociña); ’Somos Xogo’ por proxecto máis innovador, realizado por ‘Xandobela. Educación e cultura’; e ‘Do berce á rúa’, un proxecto estabilizado do Concello de Narón que busca impulsar a crianza en galego achegando recursos para a comunicación nas aulas e na casa.

Imaxe dun dos premiados en Santa Clara. / FdV
Pola súa banda, a deputada provincial de Lingua María Ortega -que entregou o galardón dos premios á mellor comunicación e impacto a ‘Twitter e Instagram en galego’-, deu os parabéns á CTNL pola organización e ás persoas recoñecidas pola a calidade dos traballos. Subliñou que as institucións deben ser conscientes de que “con falar galego non abonda para contribuír a defendelo” e insistiu na necesidade de destinar os máximos recursos de maneira transversal para poñer en valor a lingua.
- Muere un joven de Soutomaior en una salida de vía en Ponte Caldelas
- El embalse del Pontillón de Pontevedra llega a las puertas del verano con el menor nivel desde 2022
- El buque escuela Juan Sebastián de Elcano afronta su centenario con renovadas tecnologías y honores
- Los Premios Gastroculturales reconocen a ocho referentes de Pontevedra
- Una parada militar en su base de Pontevedra conmemora los 60 años de la Brilat
- El legado de Valle-Inclán se queda para siempre en el Museo de Pontevedra después de casi tres años de negociaciones
- Sesenta años de la Brilat: la unidad militar muestra su día a día a los ciudadanos de Pontevedra en su aniversario
- Pontevedra, los que van a morir te saludan