A axenda cultural e de normalización lingüística de Poio desenvolveuse nos últimos días nos colexios do municipio, coas actividades vencelladas á campaña O que se dá non se quita, co obxectivo de promover e potenciar o uso do galego na xuventude da localidade. Despois do ciclo de charlas que tivo lugar esta semana, os escolares farán, ata o 7 de xullo, traballos de difusión, con gravación de vídeos, falangullos ou deseño de pósters ou pancartas, que serán compartidos en redes polo Concello.