A Concellería de Benestar Social ultima a posta en marcha da reanudación do programa “Cóllelle o gusto”, unha iniciativa que comezou no outono de 2021 co obxectivo de promover e fomentar iniciativas de carácter artesanal entre a veciñanza.

Tal e como explica a concelleira delegada, Rosa Fernández, son actividades “pensadas para xente de todas as idades” e lembra que algunhas delas non se puideron celebrar pola sexta vaga da COVID e tamén polas inclemencias meteorolóxicas. Está previsto que estes obradoiros comecen na primavera. O primeiro deles será o taller de iniciación ao coiro, o venres 8 de abril, de 17.00 a 21.00 horas. A cota será de 15 euros, materiais incluídos. A través deste ciclo ofreceranse técnicas para marcar, facer un patrón, cortar a pel, coser e decorar. Cada participante levarase de recordo un moedeiro e unha funda de gafas personalizadas.