A concelleira de Deportes, Normalización Lingüística e Memoria Histórica, Marga Caldas, e a edil de Educación, Raquel Rodríguez, asistiron onte á presentación da exposición “Galiza. Un pobo, unha selección”, que se inaugurará o vindeiro luns no IES de Poio e permanecerá operativa ata o venres 21. Anxo Louzao, do colectivo Vía Galega, que é o encargado da organización desta mostra itinerante, explicou que a exposición está composta por 20 paneis situados no segundo e terceiro e andar do instituto, a través dos cales se fai un repaso á traxectoria histórica do deporte galego, ao mesmo tempo que busca “reivindicar o dereito de Galicia a competir a nivel oficial e internacional en todo tipo de disciplinas deportivas”.