A exconcelleira en Pontevedra Paloma Castro, candidata á secretaría provincial do PSdeG, reivindicou onte, nun encontro coa militancia da cidade, un PSdeG na provincia cun liderado en feminino, xa que “é hora de que as mulleres comecemos a dar pasos cara adiante”. Presentada pola subdelegada do Gobierno, Maica Larriba, Castro dixo que “é un orgullo para min poder dicir que son a primeira muller que rompe a barreira masculina de presentarse como candidata á Secretaría Xeral provincial de Pontevedra”, sentenciou a socialista quen incidiu en que “aínda queda moito por percorrer” para acadar a igualdade real en política”.