O Concello de Poio abre o proceso para aprobar o regulamento de participación cidadá
Os veciños poderán facer as súas achegas na web municipal
REDACCIÓN
O Concello de Poio vén de iniciar o procedemento para a aprobación do regulamento da Asamblea de Participación Cidadá e do Consello de Participación Veciñal, dous órganos a través dos cales se busca reforzar unha canle directa entre o tecido social e a Administración municipal, de cara a impulsar actuacións e realizar propostas ou suxestións vencelladas ao desenvolvemento de actividades, obras e proxectos varios.
Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Participación Veciñal, Transparencia e Espazos Cidadáns. A concelleira responsable desta área, Silvia Díaz, explica que a elaboración do regulamento será “de carácter aberto para toda a cidadanía”. Para iso, o primeiro paso consistirá en habilitar inicialmente unha consulta pública, para facilitar as achegas que poidan realizar a cidadanía. “Estará á súa disposición un formulario na páxina web municipal para poder participar na fase previa”, sinala a edil do Goberno local.
De xeito paralelo, os catro grupos da Corporación municipal seguirán traballando no documento. Para iso, pártese dun borrador inicial que foi remitido aos representantes das formacións políticas tras a última Xunta de Portavoces, que tivo lugar o pasado mércores. Todos eles dispoñen de 30 días naturais para realizar as súas achegas.
O borrador consta de 35 artigos, repartidos en catro capítulos, e sete disposicións adicionais. O documento define o Consello de Participación Veciñal como o órgano que permite a participación na actividade do Concello, representativo dos intereses veciñais de todas as parroquias.
- Foni Díaz: «La parte mala ya pasó, la de la incertidumbre; queda la experiencia»
- Ensayo de asalto en plena ría
- Rescatan a una nonagenaria en Poio que llevaba tres días tirada en el suelo de su casa
- Un vecino sufre quemaduras graves al incendiarse una pila de leña en Cuntis
- El Catastro contabiliza 131 propietarios en el municipio que poseen más de cinco viviendas
- Más de 400 obras y 101 días de «explosión cultural», propuesta de la 32 Bienal de Arte
- Un taller para cuidar a quien más cuida
- Sanxenxo permite hogueras de San Juan en tres playas urbanas, entre ellas Silgar