Conversa da escritora Ledicia Costas e a xornalista Teresa Cuiñas. | // R.V.

Concerto de Xingro´s Big Band. | // RAFA VÁZQUEZ

Chegar ao maior número posible de públicos sempe foi o obxectivo central de Culturgal, só que esta vez non é a feira de sempre. Na súa edición número 13 muda obrigatoriramente para achegar aos espectadores e lectores, esta vez na súa casa, ata 160 horas de arte, conversas, literatura, performance, música, ciencia... Tres canais e máis de 60 profesionais traballan esta fin de semana para facer chegar as novidades da cultura galega.

Nunha edición marcada pola pandemia, desaparecen os estands e manteñense catro espazos no Pazo da Cultura e no Teatro Principal (Cinema, Foro, Escena e Libro). Agás o cinema, todas as programacións poden seguirse a través de cultur.gal e en YouTube. En canto á asistencia presencial, as grandes limitacións de aforo fan que a práctica totalidade do programa esté case cuberto.

Trala estrea de “Ons”, coa que debutou Culturgal o pasado venres, a feira recibiu onte aos seus principais promotores e patrocinadores, á cabeza a Xunta, que da man do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o de Política Lingüística, Valentín Carrera, fixo un avance da programación cultural para o vindeiro ano. Ambos incidiron na necesidade de “fomentar a produción cultural nas súas diversas vertentes”, así como de estimular a oferta e a participación social. Precisan que a Consellería de Cultura traballa xa “na configuración de máis de 1.000 eventos que van desde exposicións, espectáculos, concertos e proxeccións ata obradoiros, festivais e congresos”.

Afirmaron que o obxectivo da Xunta “é claro” e pasar porque que a cultura siga de xeito seguro, “para o que os orzamentos recollen un 27,4% máis de investimento en 2021 no eido cultural, dando así continuidade ás medidas do Plan de Reactivación”.

Na súa intervención en Culturgal. Lorenzo e Carrera anunciaron que tamén se levarán a cabo programas de dinamización cultural no eido da lectura, do audiovisual, das artes escénicas e musicais, así como das artes plásticas e na proxección exterior da cultura galega.

A proposta da Xunta tamén se abordaron onte en Culturgal os retos da cultura dixital e da cooperación entre Galicia e a cultura lusófona a través dos programas “Nortear” “Ari(t)mar” e diversas actividades que se levan a cabo por medio do sistema educativo e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

No eido lingüístico, tamén tiveron cabida na xornada as obras e proxectos “Chegar a Galicia, chegar ao mundo” ou “unha xustiza en diálogo co país. Conversas con Carlos Varela” , ademais do programa de dinamización para profesorado e alumnado “21 días co galego e +” .

A Deputación de Pontevedra é outra das institucións que renova a súa aposta por Culturgal. A institución provincial cultural abriu as actividades do espacio Foro, onde a presidenta, Carmela Silva e das deputadas de Memoria Histórica e Cultura, María Ortega e Victoria Alonso, presentaron “Re-Acción Cultural” (un programa en vivo nos concellos da provincia implantado tralo estado de alarma e que continuará en 2021) e “Acorda”, a nova iniciativa do programa “O pasado por vir”. O debut desta iniciativa en formato vídeo na que soan voces en espacios emblemáticos da provincia vinculados á memoria histórica contou con Uxía Senlle .

A Deputación tamén promoveu a performance a prol da igualdade “Can Cancela Calafrío”, que correu a cargo de María Roja.

A crise sanitaria non só marca os formatos e as medidas sanitarias da feira, senón que inspira varios dos seus contidos. Así tras da presentación da Deputación o público tivo oportunidad de disfrutar da performance “A nova armadura” , una acción na que a artista Monica Mura explora as dificultades para manter as distancias de seguridade.

No espacio Escea os protagonistas foron de mañá os integrantes de Xingro´s Big Band, agrupación que xurde para achegar a música moderna ao público. A seguinte proposta foi ·The Rebel Spirits”, unha banda de punk-rock xunenil que deu paso pola tarde aos “Concertos do desconfinamento” con Susana Seivane.

Tamén a crise sanitaria está realicionada coa presentación de “Cas Berlai”, o novo proxecto musical de Xiao Berlai, que volve cun disco creado durante o confinamento.

Pasáronse asemade dúas das películas do ano en Galicia, “Arima” de Jaione Camborda e “A illa das mentiras”, de Paula Cons. En ambos casos o público asistente tivo oportunidade de conversar coas directoras. Tamén na quenda da tarde as cooperativas culturais protagonizaron “A hora da Economía Social na Culturgal” con demostracións ao vivo do seu traballo.

A xornada rematou con outro dos concertos vinculados ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, o de Luar na Lubre, que chegou a Culturgal co seu último traballo. A música de “Veiras e vieiros. historias de peregrinos” serviu para rematar unha intensa xornada na que a feira recibiu a visita de Ledicia Costas, Manuel Rivas, Antón Lopo, Eva Mejuto, Anxos Sumai, Marilar Aleixandre e Rosalia Fernández Rial, entre outros.